BIBLIOTECA CREATIVA 2022/23

CURSO 2022/23

Continuamos no  proxecto de BIBLIOTECA CREATIVA de Bibliotecas escolares, este é noso segundo ano.O obxectivo deste proxecto é apoiar a cultura da experimentación e a investigación, dos robots e da linguaxe de programación na biblioteca escolar, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares.
No mes de febreiro os responsables do proxecto de cada centro tivemos unha xornada de formación en EGAP en Santiago de Compostela de Biblioteca Creativa.Contamos coa conferencia inagural de Biblioteca de creación e laboratorios cidadáns.Medialab,Tabakalera ArantzaMariskal(Medialab-Tabakalera) , un Obradoiro de creación con  PabloOtero–MarkRitchie, pola tarde   Impresión 3D con María Lema Fernández-Aida Dourado Gantes do EEI Barrionovo(Arteixo), Experiencias de centros-Dinamización de actividades e recursos para o espazo creativo con Mª Socorro Giz García.CEIP de Covas(Viveiro) e  Noa Piedrahíta Abril.CEIPdeLeirado(Salvaterra de Miño) .Para finalizar co clausura da xornada a cargo da Asesoría de bibliotecas.


  • O equipo de biblioteca preparou un xogo para traballar a reciclaxe para o alumnado de 1º de educación primaria  para o seu proxecto de Salvando o planeta.O xogo consistiu nunha plantilla para programar o escornabot para que chegase ó colector de lixo correcto. Ao longo deste curso traballaron sobre a reciclaxe, investigaron sobre que recolectores tiñamos na nosa contorna e onde tiñamos que botar cada material.Traballaron con revistas de supermercados clasificando os alimentos no seu recolector correspondente.Pintaron etiquetas para clasificar as papeleiras da aula e comezaron coa reciclaxe.Finalmente elaboraron uns carteis informativos sobre que debemos facer para coidar o medio ambiente que colocaron en diferentes zonas do centro e do exterior para que tamén puidese ser visto fora do centro escolar.








  • Educación Infantil- Robótica 

Durante el primer trimestre se tomó un primer contacto con el BeeBot y se trabajó, sobre todo, la direccionalidad a través de las tarjetas de secuencias de órdenes y diferentes paneles como el laberinto de Bob Esponja o el Circuito de coches.
También se trabajaron las diferentes fiestas de este trimestre como el Samaín o la Navidad y conceptos como la simetría con el panel de los insectos.

No segundo trimestre se realizaron paneles relacionados con la estación del año (invierno), conmemoraciones como el Día de Rosalía a través de una panel con códigos QR que enlazaban a imágenes de un puzle de la autora, conceptos como mucho-poco y cantidades y grafías.Tamén traballamos coa mesa de luz.

No terceiro trimestre se realizó un panel para conmemorara el día de la Letras Gallegas basado en el panel del Seminario Galán, se trabajó el conteo a través del panel de las mariquitas, los números y colores con el panel de las abejas y las flores y la estación final del curso, el verano.





  • Formación de usuarios utilizando un tabolerio do escornabot  para que o alumnado traballara a CDU.A plantilla utilizada foi creada polo CEIP Condesa de Fenosa.


  • Samaín.

O alumnado de 4º realizou mediante plantillas de siluetas unhas pantasmas moi chulas que decoraron con esponxas e témperas nun fondo de cartolina negra que expuxeron na entrada do cole.
O alumnado de 5º preparou uns contos de medo por equipo utilizando tarxetas de personaxes.Despois leron os contos elaborados na hora de ler deste mes.




  • Con motivo do Mes da Ciencia en Galego, dende a biblioteca, Petela propuxo ás aulas unha actividade baseada na realización de experimentos coas temáticas que estiveran a traballar nas aulas.O equipo de biblioteca preparou unha exposición temática para traballar a temática e creou un padlet para visualizar todos os traballos realizados.As familias tamén participaron realizando un experimento na escola  e visitando as sulas dos seus fillos ou de non ser posible granvádoo.

    Visualizar➽PADLET- Mes da ciencia en galego


  • Obradoiros de nadal impartidos por los voluntarios

Os voluntarios de 5º realizaron uns obradoiros de Nadal para o alumnado de 1º a 4º de primaria, unha proposta moi interesante da súa parte ao equipo de biblioteca.

Laura, Uxía, Nerea, Candela e Aroa visitaron as aulas para informar da proposta e que os alumnos que quixeran participar puideran anotarse.O alumnado realizou distintas manualidades. O alumnado de 1º : Renos de nadal, 2º :Estrela de nadal ,3º :Pai Noel e   4º:Boneco de neve.

Visualizar➽Obradoiro de Nadal






  • Entroido, elaboración e creación de disfraces.No entroido o tema elexido foi a temática do proxecto anual da biblioteca¨Coidamos o noso planeta¨.As diferentes aulas elexiron os disfraces.Nas aulas de 2º,3º,4º,5º e 6º elaboramos o disfraz pintando,marcando e recortando, cosendo coa máquina ou elaborandoo con material reciclado e cartolinas.


3º-4º





  • A biblioteca preparou unha exposición temática con motivo do Día da Muller no recuncho de lectura.As aulas visitaron o recuncho na hora de ler e traballaron a proposta de investigación. 
    Cada aula debía nomear a súa porta cunha muller, decorar a  porta, investigar e presentar o traballo aos compañeiros: murais, infografías, lapbook....As mulleres elexidas foron:

Infantil : O alumnado de infantil coñeceu a Elisa Patiño, a primeira aeronauta (aula de 3 anos), Antonia Ferrín (aula de 4 anos ) e a Concepción Arenal (aula de 5 anos).1º de primaria:Olimpia Valencia ,2º de primaria:Rachel Carson, 3º de primaria:Ángeles Alvariño4º de primaria : Margarita Salas, 5º de primaria : Hypatia,  6º A de primaria: Antonia Ferrín e 6º B de primaria:Concepción Arenal.


  • Celebramos o Día da  cun obradoiro de manga da man de Javier Pereira Canovacas para o alumnado de 6º de primaria na biblioteca.Neste obradoiro as rapazas e rapaces iniciaranse no mundo de manga aprendendo a deseñar personaxes e dotalos de expresividade e dinamismo, Javier ensinoulles a realizar os contornos, partes da cara, expresividade, cores a utilizar, contornos... Disfrutaron moitísimo e a verdade realizaron uns debuxos fantásticos cos que fixemos unha exposición no corredor.






  • Obradoiro de robótica .
O alumnado de 4º de primaria traballou as nocións básicas de programación por bloques, empregando Scratch.Fixeronse animacións con personaxes, creando escenarios.Despois aprenderon a programar un robot de Lego empregando a linguaxe de bloques de Lego xa utilizada.


  • Os alumnos voluntarios de biblioteca de 5º de Ed. Primaria elaboraron os complementos da obra de teatro Coelliño branco. O alumnado quedou as tardes do mércores para levar a cabo os ensaios, así mesmo aproveitamos para comer xuntos e pasar un intre agradable compartirdo ideas, suxerencias e..

Os primeiros que puideron gozar coa súa representación foron os alumnos, mestras e familias da Galiña Azul de Cototorrón que hoxe visitaron o noso cole, xa que algunhos comezaran  o próximo curso  en  infantil. Despois fixeron a representación para o alumnado de infantil e 1º e 2 de primaria, tamén visitaron a Galiña Azul de Porteliña.



  • Radio Emociónate 
Estiveron de visita no noso centro os de Si Radio, realizando un programa moi especial no que participou o noso alumnado de 6º, do noso centro, unha representación de profesorado, e no que tivemos como convidadas a Uxía, ao grupo Malvela, a Xulio Lorenzo, a Soledad Castro, a Balbi, mestra xubilada que formou parte do noso cole, a Mario Fernández, arqueólogo, e a Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos.
Visualizar➽RADIO EMOCIONATE

Foi unha experiencia fantástica, e que, ademais, rematou nunha auténtica festa. Aquí podedes ver fotos e vídeos de como transcorreu.
Visualizar➽Radio Emociaonate



  • Segundo ano no proxecto “Radio na biblio”.Durante este curso todas as aulas participaron na radio escolar preparando o seu programa de radioPetela.Os técnicos de radio foron oalumnado de4º,  5º e 6º, moitos deles voluntarios na biblioteca escolar .Estamos moi satisfeitos coa experiencia da radio escolar e da boa acollida que esta ten entre o alumnado, entre o profesorado e entre as familias.Os programas lévanse a cabo na hora de ler.


  • Este foi o cuarto curso con Radio Petela funcionando no noso centro. E este ano, foi o segundo ano que estivemos dentro do programa Radio na Biblio, o que nos permitiu facer distintos obradoiros: · Obradoiro de Narración Oral, impartido por Damián Alonso, para 2º e 3º curso · Obradoiro de gravación e mestura para Radio e Podcast (1ª parte) impartido por Pedro Iglesias, para 5º curso. A segunda parte do mesmo realizarase a principios do vindeiro curso. A avaliación dos dous obradoiros resultou positiva, sendo de gran utilidade para o noso alumnado e para a mellora do funcionamento da radio.



  • Obradoiros de cociña.O alumnado de 5º realizou dous obradoiros de cociña filloas e: unhas árbores de nadal para agasallar ás súas familias.Escribimos a receita en canva, lemos un texto instructivo, cociñamos e desgustamos.Tamén realizamos un obradoiro cos compañeiros de 1º coa recolleita de productos da nosa horta: bodacillo vexetal e batido.




  • Para conmemorar o Día internacional das matemáticas o alumnado de 5º realizou un obradoiro de  retos matemátiacos en pequenos grupos e  traballando coa metodoloxía baseada nos principios da APRENDIZAXE COOPERATIVA cada equipo tiña que resolves os distintos retos : figuras do xeoplano, tangram, xeometría e resolucións matemáticas.







  • O club de lectura acompañou as sesións con actividades motivadoras en grupo e de iniciación a programación e robótica a través de tabletas (kahoot, nubes de palabras), obradoiro de chapas e un obradoiro de cociña.




  • Obradoiro de marcapáxinas. O alumnado de 5° de primaria creou uns marcapáxinas de lectura neste mes de abril cos libros do expurgo da biblioteca, dándole unha segunda vida os libros.Os marcapáxinas foron os agasallos ao seus afillados no día do libro.Uns artistas!!!


  • Tamén o alumnado de 5º co expurgo da biblioteca realizou un obradoiro de creación de figuras de froitas.Co visita de Héctor Cajaraville pola lectura de Kusuma realizaron unhas creacións do seu libro de lectura.


  • Nos recreos da biblio do mes de maio realizouse un obradoiro de marcapáxinas coa máquina de coser coa axuda das mestras Ana e Azucena.O alumnado de primaria, martes e mércores, seguindo as instrucións elabora un marcapáxinas de lectura.


  • Con motivo do día do medio ambiente as aulas prepararon distintos traballos coa reciclaxe: xoguetes, maquetas, instrumentos musicais... e realizaron unhas exposicións nos corredores do centro.



  • Recreos na biblioteca.
Nos recreos abrimos o recuncho da biblioteca creativa :xogo libre, construcción, xogos de mesa, xogos matemáticos, robótica, creación...




  • Traballos creativos nas aulas de 5º e 6º.O alumnado de 5º e 6º desenvolveu distintos proxectos ao longo do curso:universo, ecosistemas, horto escolar,compostaxe...  onde utilizaron distintas creación:maquetas, presentacións,vídeos,powerpoint,murais ou lapbook.








  • Mandilóns creativos.

A ANPA do centro fixo unha proposta para realizar uns mandilóns para agasallar no concurso de tortillas da festa de fin de curso.O alumnado de 5º acetou a proposta e fixo a súa creación realizando os mandilóns, que gustaron moito aos premiados.

  • O equipo de biblioteca dentro do PFPP de biblioteca creativa, contou con dúas formacións con Paola Guimeráns sobre linguaxe de programación e a placa Makey Makey.Tamén contamos cunha formación sobre elaboración de booktrailes a cargo de Roi Guitán.


Comentarios

Entradas populares