8 DE MARZO: DÍA DA MULLER




A biblioteca preparou unha exposición temática con motivo do Día da Muller no recuncho de lectura.As aulas visitaron o recuncho na hora de ler e traballaron a proposta de investigación. 
Cada aula debía nomear a súa porta cunha muller, decorar a  porta, investigar e presentar o traballo aos compañeiros: murais, infografías, lapbook....As mulleres elexidas foron:

  • Infantil : O alumnado de infantil coñeceu a Elisa Patiño, a primeira aeronauta (aula de 3 anos), Antonia Ferrín (aula de 4 anos ) e a Concepción Arenal (aula de 5 anos).

  • 1º de primaria:Olimpia Valencia. Foi a primeira doutora galega, a primeira muller galega en licenciarse en Medicina na Facultade de Santiago de Compostela (1925) e facelo cun expediente extraordinario, cheo de sobresalientes e matrículas. O alumnado de 1º buscou información e leu a súa biografía en  «Pioneiras» (Xerais 2018) da escritora e editora Anaír Rodríguez, a vida de Olimpia Valencia é un dos mellores exemplos dos numerosos obstáculos que ao longo do último século as mulleres tiveron que superar nunha profesión como a médica reservada para os varóns. Finalmente plasmaron a información nunha ficha de traballo.




  • 2º de primaria:Rachel Carson.O alumnado de 2º investigou sobre a  bióloga e divulgadora Rachel Louise Carson (1907-1964).Por problemas económicos, nunca puido adicarse á investigación. A súa obra máis destacada foi ¨Primavera silenciosa¨ (1962), na que advertía sobre os efectos nocivos dos pesticidas no medio ambiente e apuntaba á industria química como responsable da crecente contaminación. Aproveitaron para investigar sobre os cultivos ecolóxicos.



Visualizar vídeo ➽Rachel Carson

  • 3º de primaria:Ángeles Alvariño.O alumnado de terceiro investigou sobre a científica galega e plasnou a información mediante  murais.



 


  • 4º de primaria : Margarita Salas. O alumnado de cuarto investigou a bioquímica e mestra Margarita Salas a través dos libros da exposición temática e vídeos, plasmaron a súa infomación nun lapbook.






  • 5º de primaria : Hypatia.O alumnado de quinto investigou en parellas sobre Hypatia a través de libros e tabletas.Fixeron unha recopilación de información que pasaron a unha infografía.


Ainara e Ismael 5º


Anxo e Rui


Danie e Isaac


Laura e Juan


Nerea e Aroa

Uxía e Candela

Jesús e Alberto

  • 6º A de primaria: Antonia Ferrín.O alumnado de 6º A investigou  sobre a primeira muller española en defender unha tesis doutoral sobre astronomía.Tamén fixeron unha investiagación sobre as portas das demais aulas.





  • 6º B de primaria:Concepción Arenal. O alumnado de 6º B investigou  á escritora, visitadora de cárceres e  pioneira do feminismo.Crearon uns murais para visualizalo.










O día 8/3/2023 levamos a cabo un acto no colexio.Despois do recreo, baixamos ao patio.O alumnado de 6º de primaria preparou un manifesto para conmemorar o Día da muller, que leron Mencía, Nadia e Valeria alumnas de 6º A. Cantamos a canción ¨ Son muller¨ de Máis Boas cas  Patacas. Despois no patio, colocamos unhas papeleiras que reciclamos conmemorativas ao 8 de marzo , dentro do noso proxecto coidemos o planeta.

No acto todo o alumnado levou un lazo morado a modo de pulseira onde cada neno ou nena escriba o nome da muller que considerou máis importante. Repartíronse polas aulas os lazos para ese día. 






Comentarios

Entradas populares