Ir al contenido principal
SAÍDA DO CLUB DE LECTURA DE ADULTOS
Sábado 29 de xuño de 2024 o Club de lectura do CEIP de Petelos e
do CEIP Xuvencos. iniciamos a nosa travesía no porto de Vigo. Surcando esta ría
deixamos a nosa dereita a Guía, a antiga ETEA a nosa esquerda a
costa do Morrazo e navegando baixo a ponte de Rande chegamos á
enseada de San Simón; alí agardábanos dun lado o arquipélago
formado polas ilas de San Simón , San Antón e dous pequenos illotes e
doutro lado os fermosos sons dos ensaios do festival ENCORDASS
celebrado aquí nesta fin de semana.
Desembarcando no peirao recibiunos unha das diferentes esculturas
que salpican as dúas illas. Esta, representa aos trovadores medievais
Xoan de Cangas, Mendinho e Martín Codax (moi relacionados coa illa
de San Simón) e inicimos o noso percorrido bordeando a illa para
divisar ao fondo un dos illotes cun cruceiro (conmemorando uns
afogados no entorno da illa que formaban parte da garda de Franco ),
seguimos polo paseo dos buxos (árbores de moi lento crecemento
cunha madeira moi apreciada pola súa dureza e resistencia) e
observamos diferentes pegadas alusivas a Julio Verne e a súa obra
“Veinte Mil Leguas de Viaje Submarino”; chegamos así á ponte que une
as dúas illas, San Simón e San Antón e visitamos nesta última o
cemiterio e o centro de interpretación do arquipélago.
No transcurso do paseo a guía foinos explicando a historia das illas e
como dende o século V ata o XVIII pertenceu a diferentes ordes
relixiosas (do que só queda como mostra a ermida de San Antón ) que
acabaron fuxindo a causa dos moitos ataques de corsarios e piratas; foi
testigo, séculos despois, da batalla de Rande; no século XIX pasaría a
mans do estado pola desamortización de Mendizabal converténdose en
lugar de corentena para os barcos e tamén Lazareto (limpo San Simón,
sucio San Antón); máis tarde entre o 1936 e o 1943 durante a Guerra
Civil española foi campo de concentración e exterminio (documental
“Aillados” de Antonio Caeiro). Pasaría despois a ser lugar de Educación
e Vacacións da Garda de Franco e finalmente hospicio.
Posteriormente e despois dun periodo semiabandonado, estase a
recuperar o seu uso dedicándose a eventos musicais, literarios,
congresos, actividades deportivas, visitas guiadas... É tamén
inspiradora de obras literarias como “Os Fillos da auga” do escritor
vigués Pedro Feijoo.
Grazas ao club de lectura de CEIP Xuvencos por realizar xuntos esta saída /convivencia e por suposto á Asesoría de Bibliotecas Escolares que fai posible actividades tan enriquecedoras coma esta.
A saída resultou moi agradable e verdadeiramente instuctiva.
Comentarios
Publicar un comentario