5 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE- PROXECTO MEDIOAMBIENTAL

 

EXPOSICIÓN TEMÁTICA NA BIBLIOTECA



Ao comezo do curso 22/23 comezamos un proxecto medioambiental no CEIP Petelos polo alumnado que estaba en 5º curso e o rematamos este curso 23/24 co mesmo alumnado que agora cursa 6º de EP.


O primeiro que fixemos foi reducir ao máximo o número de recipientes para reciclar. Nas aulas deixamos só o de lixo (residuos que non se reciclan), e unha caixa sen bolsa para o papel. Creamos catro puntos de reciclado comúns en todo o centro educativo, un na planta superior, dous na planta baixa e un no patio. Estes Puntos teñen para separar; papel e cartón, plásticos e bricks e para facer compostaxe.


Colocamos un punto de compostaxe no centro, o compostos que elaboramos, o empregamos para actividades de plantación e horta.
Para que o alumnado sexa consciente da cantidade de lixo que xeramos, é o alumnado o encargado de recollelo e xuntalo, 4º papel, 5º colector amarelo e 6º compostaxe.


As papeleiras do patio que quedaron libres, as transformamos en macetas que decoramos con celebracións anuais do cole (Letras galegas, día do libro, día da muller, diversidade afectivo sexual e funcional.... )


Outro espazo que se creou, cos libros de expurgo en moi mal uso, foi o espazo de reutilizarte, onde alumnado e profesorado pode coller estes libros para facer actividades plásticas, traballar contidos académicos...


O profesorado comezou a revisar e optimizar os recursos do centro para facer un bo uso deles.


Xa por último, para rematar o proxecto, elaboramos un programa de televisión onde se explica o proxecto, e así o novo alumnado e profesorado pode visualizalo e saber como xestionamos os residuos no centro educativo e darlle difusión por se outros centros queren seguir os nosos pasos.


Os obxectivos do proxecto son:
  • Reducir a nosa pegada medioambiental.
  • Ser mais respectuosos co planeta.
  • Adquirir responsabilidade.
  • Xestión dos residuos por parte do alumnado. 



  • Charla informativa dentro das actividades da biblioteca sobre "reciclamos con Petela". Quien vive aí? Hoxe o alumnado de 3º, 4º e 6° de primaria participó nunha actividade para identificar invertebrados presentes no composteiro a cargo de Marcelo co programa Revitaliza da Deputación de Pontevedra.Canto aprendemos!!! 

  • O alumnado de 5°e 6° de primaria participou nunha actividade de posta en valor do sendeiro do Río Louro, cun percorrido didáctico. Desta forma pudieron coñecer de preto os distintos elementos que forman a flora e a fauna deste hábitat acompañados de monitores medioambientais de "Alecrin Actividades e Aventura " que guiaron e fixeron as explicacións do percorrido. 


  • O alumnado de 1º e 2º participou nunha actividade de reciclaxe organizada polo Concello de Mos. Durante a sesión traballaron sobre as pautas da reciclaxe e sobre a importancia de reducir residuos, reutilizar e reciclar como medidas de coidado do medio ambiente. O alumnado participou en diferentes xogos para practicar sobre a separación correcta de residuos. Ao mesmo tempo incidiuse na importancia do consumo responsable. Entregouselle un libro co resumo da información traballada e un folleto para o concurso do Punto Limpo. A actividade resultou motivadora para os nenos e nenas.




  • Misión sostible, Día Mundial da auga.O Concello de Mos e Consorcio do Louro aúnan esforzos para educar ao alumnado sobre a importancia medioambiental da auga. O Alumnado de 3º e 4º de Primaria  participou unha actividade lúdico-didáctica de concienciación.
No Pavillón Óscar Pereiro unha actividade conmemorativa do Día Mundial da Auga que será o vindeiro venres 22 de marzo. Actividade organizada conxuntamente entre as concellerías de Medio Ambiente, e o seu programa CoidaMos, e de Educación co programa de actividades para os centros educativos dentro do horario lectivo; ambas en colaboración co Consorcio de Augas do Louro e o seu proxecto Misión Sostible.





Comentarios

Entradas populares