LETRAS GALLEGAS 2024


 

LUISA VILLALTA, foi unha escritora, docente e violinista coruñesa. É a autora nomeada pola Real Academia Galega para celebrar o Día das Letras Galegas no ano 2024. Desde 1963, ano en que e escolleu a Rosalía de Castro, só seis mulleres foron homenaxeadas.

  • O equipo de biblioteca e o equipo de dinamización da lingua galega realizou unha selección de lecturas na biblioteca para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS homenaxeando a LUISA VILLATA.Tamén prepararon unha páxina con recursos para traballar á autora nas aulas.

  • O alumnado de sexto estivo investigando á autora para realizar a páxina da revista escolar de Letras Galegas  e un  podcast de Luisa Villalta.

Aquí podedes escoitar o podcast sobre Luisa Villalta que realizou o alumnado de 6º, e que presentamos ao concurso de podcast de Radio na biblio. Para o mesmo, contamos coa colaboración de dúas persoas importantes no mundo da música e da cultura galega, como son Uxía e Ana Romaní. Esperamos que o desfrutedes.Lola e Enzo foron os técnicos de radio nesta ocasión.







podcast luisa de Angie

  • Obradoiro de chapas ao alumnado de infantil polos voluntarios de 6º de Letras Galegas. Utilizando o material de Primaveira de Letras adaptamos as chapas para o alumnado de infantil.



  • O alumnado de sexto acompañados pola súa titora e a mestra de música, Raquel visitamos o centro de maiores ¨o son do Regueiro ¨para compartir unha xornada cos maiores e celebrar xuntos o Día das Letras Galegas. Compartimos cancións, bailes e actividades que resaltaron a riqueza da nosa lingua e cultura.
Foi unha xornada moi especial para nós e moi enriquecedora para o noso alumnado.




  • Reto 21 día en galego.Andaina polas Letras Galegas.
O Equipo de Dinamización Lingüística, decidiu  que nos uniramos ao reto 21 días co galego e+! un programa impulsado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística. A súa finalidade é promover o uso do galego oral entre a xente nova. Este ano, por primeira vez, incorporáronse centros de Infantil e Primaria. A recta final será  unha andaina  cos compañeiros de 1º de ESO do IES de Mos cunha lectura do manifiesto a cargo de Antón e Gorka.O alumnado levaba un dorsal no que ía escrito o seu nome e unha palabra en galego.O alumnado do IES levaba escritos tóponimos.A andaina estivo amenizada con música.










Comentarios

Entradas populares