DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia foi proclamado no 2015 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas con fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa das mulleres e as nenas na ciencia.


A iniciativa 11 de Febreiro promove a realización de actividades para:
-Visibilizar o traballo das mulleres que se adican ás áreas STEM, creando así referentes femininos que poidan contribuir á elección destas áreas como carreiras profesionais.
-Coñecer os diferentes factores que afectan á situación actual da muller nas áreas STEM para fomentar prácticas que conduzan a súa eliminación e alcanzar a igualdade de xénero no ámbito científico.


Este ano céntrase no papel das mulleres, nenas e a ciencia en relación cos Obxectivos ODS,  incluidos na Axenda 2030.


Actividades:


  • Para conmemorar esta data  o alumnado de 5º e 6º de primaria contou coa visita de María de los Ángeles Peña Gallego ,Doutora en Química e mestra da Universidade de Vigo na Facultade de Química organizada polo Departamento de Orientación en colaboración coa biblioteca.

A científica explicolles ao alumnado a súa experiencia persoal, as dificultades que tivo para facer a carreira de ciencias e lograr chegar a traballar rodeada de homes. Tamén lles falou de dúas mulleres importantes : Concepción Arenal e Marie Curie e fixo alusión a outras como Ada Lovelacy….Todo a través dunha presentación en power point. Ao final fixo un experimento na aula.
















  • Selección de lecturas sobre mulleres na Ciencia.



Comentarios

Entradas populares