Ir al contenido principal
BIBLIOTECA CREATIVA 2021/22
CURSO 2021/22
Este
curso estamos de noraboa e nos seleccionaron para participar no
proxecto BIBLIOTECA CREATIVA de
Bibliotecas escolares.O obxectivo deste proxecto é apoiar a cultura
da experimentación e a investigación, dos robots e da linguaxe de
programación na biblioteca escolar, integrados no Plan de mellora de
bibliotecas escolares.
No
mes de febreiro os responsables do proxecto de cada centro tivemos
unha xornada de formación en EGAP en Santiago de Compostela de
Biblioteca Creativa.Contamos coa conferencia inagural de Felicidad Campal e Ana Ordás sobre ¨Aprendizaxe baseada no xogo ¨, unha sesión sobre os escornabot na
biblioteca escolar con Almudena Alonso e Miguel G.Continuamos pola tarde cunha sesión de E-téxtiles con Paola Guimeráns, seguido das experiencias
de distintos centros que participan no programa e a clausura da xornada
a cargo da Asesoría de bibliotecas.Entregáronos
un escornabots para o centro.
Con
motivo do Mes da Ciencia en Galego, dende a biblioteca, Petela
propuxo ás aulas unha actividade baseada na realización de
experimentos coas temáticas que estiveran a traballar nas aulas.O
equipo de biblioteca preparou unha exposición temática para
traballar a temática e creou un padlet para visualizar todos os
traballos realizados.
➽https://padlet.com/bibliopetelos/uf603jpstzcx30z4

Con
motivo do Día da Muller tivemos unha exposición temática no
recuncho de lectura.As aulas visitaron o recuncho na hora de ler e
traballaron a proposta de investigación e creación.Cada aula elixiu
unha muller para investigar e presentar o traballo aos compañeiros
:murais, lapbook ou carteis.Con todas as propostas fixemos unha
exposición. ➽Día da Muller
Os
voluntarios crearon audiocontos coas súas lecturas.
Con algúns dos libros lidos ou grabados polos voluntarios creamos
códigos QR para facer un recuncho de audiocontos para o alumnado do
centro.Tamén eleximos lecturas gravadas polas familias para crear
audiolibros para a biblioteca.Con todos eles creamos un recuncho na
biblioteca e mercamos dous cascos para conectar as tabletas.


Os
alumnos voluntarios de biblioteca de 6º de Ed. Primaria elaboraron
as marionetas dos tres porquiños con fieltro para facer unha obra de
teatro con elas.O alumnado quedou as tardes do mércores para levar a
cabo os ensaios, así mesmo aproveitamos para comer xuntos e pasar un
intre agradable compartirdo ideas, suxerencias e..
Grazas
a ser seleccionados dentro do programa de Bibliotecas Escolares
Solidarias na iniciativa ¨Voluntariado de Lectura-A ¨ os
voluntarios de 5º e 6º contaron o 17 de xuño cun obradoiro de
booktrailers a cargo de Roi Guitián, onde tiveron que crear os seus
booktrailres con tabletas, programas de audio e vídeo, captura de
imaxenes... en pequeno grupos.

A
biblioteca converteuse os día 8 e 9 de xuño nun estudio de
gravación, o motivo foi a gravación do himno da escola a cargo do
alumnado do centro.O festival rematou coaintervención do alumnado
cantando o himno e a proxección dun vídeo de como se grabou o
"Himno da nosa escola" na biblioteca.

Tendo
en conta obxectivos da materia de plástica ( apreciar a beleza das
expresións artísticas mostrando respecto cara ao patrimonio
cultural, expresando os propios sentimentos e emocións a través
das obras de arte) pretendimos achegar ao alumnado de 5ºde primaria a arte
galega contemporánea mediante o coñecemento da obra da ilustradora
e ceramista viguesa, Abi Castillo.
En
primeiro lugar iniciamos o coñecendo a súa obra a través do libro
Pioneiras 2 (da biblioteca do cole) da que é ilustradora e máis
tarde analizando algúns dos seus traballos nos que fomos
identificando os elementos naïf e surrealistas.Posteriormente
pasamos a crear diferentes obras inspiradas no traballo de Abi.
O alumnado de 2º de primaria traballou a composición con distintos materiais a través da visión dunha cidade.
Este
curso entramos a formar parte do proxecto
“Radio na biblio”.Durante
este curso todas as aulas participaron na radio escolar preparando o
seu programa de radioPetela.Os técnicos de radio foron oalumnado de
5º e 6º, moitos deles voluntarios na biblioteca escolar e 4º de
primaria.Estamos moi satisfeitos coa experiencia da radio escolar e
da boa acollida que esta ten entre o alumnado, entre o profesorado e
entre as familias.Os programas lévanse a cabo na hora de ler.
O
alumnado de 5º A e 5º B asistiu a un obradoiro de radio a cargo de
Damián Alonso.Na primeira parte explicoulles como debían usar a súa
voz, exercicios para mellora a dición e a importancia de modular a
voz para a dobraxe.Na segunda parte fixeron unha dobraxe dunha
conversa(anuncios, debuxos animados...)en pequenos grupos.
O
alumnado
de 2º participou entres sesións de retos aprendendo matemáticas de
forma divertida a través de materiais manipulativos para xeometría
lonxitud :xeoplano,tangram, pentominós e programación con tabletas,
lonxitude e figuras 2D e 3D.
Dende
o Concello de Mos chegou unha proposta dun obradoiro de xadrez para
levar a cabo nas aulas de 1º e 2º de Educación Primaria.As titoras
pareceunos moi interesante a proposta a realizar.Os obradoiros
leváronse a cabo dende o 7 de marzo ao 8 de abril, cada curso terá
5 sesións.O
obradoiro foi impartido por Brais Otero, coordinador do Club Xadrez
Mos.Aproveitando
o obradoiro de xadrez, creamos uns taboleiros para coñecer e xogar
cos escornabots.Para xogar empregamos dous escornabots e un dado.
Segundo a figura que saíra no dado, o xogador tiña que dirixirse a
figura no taboleiro. Colocamos pezas do xogo do xadrez de forma
aleatoria nalgúns dos cadrados do taboliero.Os dous xogadores tiñan
que percorrer o taboleiro chegando á figura indicada.




Con
motivo do día do medio ambiente o alumnado de 1º e 2º elabou uns
animais en colaboración coas familias con materiais de
reciclaxe.Aproveitamos para crear un taboleiro para traballar a
reciclaxe.Cada xogador ten que programar o escornabot para chegar ao
colector de lixo correcto.
O
alumnado de infantil traballou a iniciación á robótica e
programación a través de Bee-Bot con conceptos coma asociacións,
vocabulario e un taboleiro elaborado pola profe Paula para o proxecto
do Camiño de Santiago.Tamén traballaron coa mesa de luz numeración,figuras xeométricas, tangram,cores...O alumnado de 2º
de primaria aproveitou o taboleiro da Oca para traballar co
escornabot tamén o proxecto de Santiago.
O
club de lectura acompañou
as sesións con actividades motivadoras en grupo e de iniciación a
programación e robótica a través de tabletas (kahoot, nubes de
palabras)ou taboleiros de escornabot.
Comentarios
Publicar un comentario