OBRADOIROS CREATIVOS EN 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA

 



Durante este curso o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria contou cuns obradoiros creativos na cuarta hora do martes fomentando entre o alumnado :desenvolver habilidades creativas, o traballo cooperativo e internivel,mellorar as competencias lingüísticas e comunicativas e introducir as novas tecnoloxías.

Os obradoiros foron : creativa-artística, radio (guións e técnicos de radio), baile, pandeireta con grupos interniveis.

Foi un experiencia moi interesante e unha nova forma de aprendizaxe.

*OBRADOIRO DE  CREATIVA

Neste obradoiro utilizamos múltiples materiais : caixas de ovos, masilla para moldear,paos, corchos, pintura de dedos, cola , flores, libros de refugallo, material de cociña para elaborar receitas,panos de mesa decorados....para crear cadros, ramos de flores, posavasos, marcapáxinas, receitas de cociña ....deixando voar a nosa imaxinación.











*OBRADOIRO DE RADIO

Ao longo do curso o alumnado participante no obradoiro d eradio coñeceu as fases para elaborar un programa de radio :  decidir o tema, buscar información, preparar o guión, decidir quen vai ser o equipo técnico, distribuír o que le cada un, ensaiar e... por fin emitir en directo. Ademais a manexar o equipo técnico de radio.

Durante o presente curso, o alumnado participante tamén realizou varios programas en directo na radio escolar: facendo quións, emitindo programas, facendo de locutores, de equipo técnico, participando nos distintos concursos...


Neste obradoiro o alumnado participante aprendeu a tocar a pandeireta e a interpretar distintas pezas musicais ao longo do curso.O alumnado participante neste obradoiro e o alumnado que desexou participar a mestra Raquel creou un obradoiro de pandeireta nos recreos dos martes : As Peteliñas Cantareiras, que aparte dos ensaios actuaron en distintas conmemoracións da biblioteca , fin de curso e mesmo actuaron fóra do centro coma na Galiña Azul de Porteliña. Aqui tedes unha pequena mostra do seu talento!!!




Visionar➽No corazón da cereixa

VisionarSe queres que o carro cante. Polca do mato

*OBRADOIRO DE BAILE

Ao longo do curso o alumnado participante descubriu diferentes estilos de danza e experimentou co seu corpo e coa música para realizar as súas propias creacións.

Aquí tedes algunhas das súas creacións!!!






Comentarios

Entradas populares