5 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


Continuamos un ano máis co noso proxecto medioambiental de centro reciclando, asistindo a charlas informativas e divulgativas ao longo deste curso: charlas educativas sobre o estrago alimentario, microplásticos, reciclado, residuos...Traballando para reducir ao máximo o número de recipientes para reciclar separando: papel e cartón, plásticos e bricks e para facer compostaxe.O equipo de biblioteca contribuiu cunha exposición de libros relacionados coa temática.



O alumnado de 3º ciclo traballou o lema deste ano que se centra no cambio climático , investigou sobre o tema e realizou un mural utilizando materiais de refugallo e  que expuxeron no taboleiro da entrada.


O equipo de biblioteca coa axuda dos voluntarios de 5º e 6º realizou unha exposición temática para consultar, ler e gozar desta conmemoración e concienciarnos da problematica do cambio climático.


O alumnado de 3º ciclo levou a cabo unha exposición de creación artística na materia de música creando instrumentos musicais con material de refugallo.Así mesmo tiveron que adxuntar unha ficha do instrumento creado para completar o seu traballo.


Comentarios

Entradas populares