XORNADA DE XOGOS CON ...BRAZOLINDA




O alumnado de 1º, 2º e 3º contaron cun obradoiro de xogos educativos dentro do programa Biblioteca Creativa da man de BRAZOLINDA. 

Trátase de xogos que traballan aspectos como a agudeza visual, a psicomotricidade fina, o xogo cooperativo, o cálculo matemático, a iniciación na normativa dos xogos de mesa ou a concentración. Resultou ser unha actividade moi motivadora para o noso alumnado, fomentando ao mesmo tempo a aprendizaxe a través do xogo.
Dende a biblioteca xa contamos cunha seleccción destes xogos para que o noso alumnado poida seguir aprendendo a través dos xogos.





Comentarios

Entradas populares