O alumnado de 6º visitou Padrón.
Comezamos visitando a Casa Museo de Rosalía onde deixamos a nosa pegada no libro de firmas, tamén participamos nun scape room organizado pola casa museo. A seguinte parada foi no Xardín Botánico onde Alberto, o noso guía, explicounos as distintas especies que hai neste xardín, algunhas delas presentes no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.Despois percorremos as rúas facendo parada na Casa da Rúa do Sol, a casa na que Rosalía pasou a súa infancia, na igrexa de Santiago e na estatua de Rosalía de Castro.Comemos na área recreativa o Santiaguiño deo Monte e aínda tivemos un ratiño para xogar.
Comentarios
Publicar un comentario