Ir al contenido principal
FALAMOS DE LIBROS - CLUB DE LECTURA
O mércores 6 de maio reuniuse o club de lectura de 6º para comentar o segundo libro de lectura ¨NEKO¨ de EVA MEJUTO. Comezamos a sesión proxectando un corto relacionado coa violencia de xénero que nos deu pe a falar do libro ,seguidamente fixemos unha valoración persoal da lectura, algúns gustoulles moito pola temática que trata. Despois falamos máis concreto sobre as personaxes , o que máis nos gustará, as situación que aparecen, aportacións que fixo a nosa vida e a para rematar a charla coa nosa opinón ...
Aproveitamos para repartir a próxima lectura que será a novela gráfica ¨¡ SONRIE !¨ de Raina Telgemeier.
Aproveitamos esta xuntanza para coñecernos un pouco mellor e pasar un rato agradable, e nada mellor que compartir xuntos o xantar no cole.
Comentarios
Publicar un comentario