APADRIÑAMENTO LECTOR 2026

 


Hoxe 27 de abril conmemoramos día do libro cun apadriñamento lector cunha actividade de lectura compartida,este ano celebramos tamén os 100 anos desta festividade literaria. Os voluntarios de 6º Noelia e Asier foron os encargados de acudir a Radio Petela para conducir esta conmemoración.

Ilusión, emoción por visitar as aulas dos pequenos e saír a compartir un conto da man dos maiores.

Despois do recreo baixamos ao patio cando sonou a canción do día do libro, "O libro máxico" de Migallas. Empezamos a baixar ata as pistas e nos colocamos no patio nos espazos habilitados para cada aula. A continuación os voluntarios da biblioteca presentaron o acto e empezou o apadriñamento lector.

Os alumnos de 4º , 5º e 6º apadriñaron ás aulas dos máis pequenos 1º, 2º 3º de primaria e 3anos, 4 anos e 5 anos de infantil lendo un libro durante o apadriñamento, a duración do tempo de lectura foi de vinte minutos aproximadamente.As aulas, opcional, prepararon un marcapáxinas de lembranza  para entregar no apadriñamento.

Os/As titores/as baixaron cos seus grupos despois do recreo ao patio.Os especialistas axudaron no apadriñamento ás aulas que o precisaron.

Cando volveu soar a canción do día do libro ,"O libro máxico" de Migallas.  , acompañamos aos nosos afillados aás aulas e subimos ás aulas ordeadamente.

Foi un día moi especial compartindo lecturas cos compañeiros.




Comentarios

Entradas populares