ENTROIDO ARTÍSTICO 2026

 



E chegou o día do ENTROIDO... O tempo non nos acompañou e non puidemos facer o pasarrúas pola nosa contorna así que realizamos un desfile dentro do patio cuberto, posamos para facer a foto de grupo e non puidemos realizar a coreografía que estiveramos ensaiando coa profe de educación física ,leticia. 

Os disfraces elexidos  e elaborados nas aulas estiveron relacionados co nosos proxecto anual de centro ¨EMOCION-ARTE¨ foron: 

Educación infantil : Os xirasoles de Van Gogh, os reloxos de Dalí e obras de Yayoi Kusama.
1º Ciclo: 1º e 2º Andy Warhol.
2º Ciclo: 3º e 4º Picasso.
3º Ciclo:5º pintores e 6º universo Gaudi.

A ANPA do centro agasallou ao alumnado cun chocolate para merendar e as familias prepararon uns doces típicos desta data:filloas, orellas, buñuelos... Despois do desfile as familias compartiron con nós a merenda. Grazas ás familias pola colaboración !!!


















Comentarios

Entradas populares