Visita ao centro de maiores ¨o son do Regueiro ¨

 

O alumnado de 3º, 4º e 6º de primaria visitou o centro de maiores ¨o son do Regueiro ¨ para cantarlles panxoliñas ,pedir o aguinaldo e realizar un intercambio de postais de nadal que o alumnado estivera preprarando nas aulas. O alumnado voluntario de 6° compartiu con eles o conto :" Un conto polo nadal".

Claudia e Delia,voluntarias da biblioteca escolar, foron as encargadas de facer a presentación desta xornada.
Agasalláronnos cun ríquisimo chocolate con bizcoitos.

Agradecer o centro @centrodedia_osondoregueiro pola súa acollida e agarimo e o Concello de mos @concellodemos , é unha xornada moi especial para nós e moi enriquecedora para o noso alumnado.
Tamén agradecer a nosa mestra de música Raquel, o gran traballo que leva a cabo para preparar estas panxoliñas con todo o alumnado.





Panxoliñas ¨Centro de maiores¨ 25 de Angie

Comentarios

Entradas populares