LECTURAS COMPARTIDAS NOS... CLUBS DE LECTURAS

 



Lecturas compartidas nos clubs de lecturas

Os voluntarios de biblioteca de 5º e 6º respetivamente participan nos clubs de lectura do cole, onde compartimos lecturas e charlas a través dos libros. Estas citas, ademais de compartir o interés pola lectura fai que poidamos xuntarnos e compartir charlas, temas que nos interesan, actividades de dinamización e lazos de amizade a través dos libros.


Os club de lectura convértense nunha fantástica oportunidade para facer da lectura unha experiencia compartida con multitude de beneficios vinculados coa mellora da autoestima, autoconcepto, gañando confianza en falar e expresarse en público, aprendendo habilidades sociais e comunicativas que despois incorporań na súa vida cotiá.


Ademais, a lectura compartida permite ampliar a nosa propia visión sobre o libro lido xa que compartimos interpretacións, reflexións, puntos de vista enriquecendo a nosa propoia lectura .






Comentarios

Entradas populares