XORNADA DE RADIO NA BIBLIO

 






O 18 de decembro participamos na Xornada ¨Radio na biblio¨invitados pola Asesoría de Bibliotecas Escolares dende a cidade da Cultura de Santiago de Compostela , fomos os encargados de preparar un programa de radio onde entrevistamos a : Román Rodríguez González, conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP da Xunta de Galicia ; Teresa Portela, piragüista de Cangas do Morrazo ;Esther Estévez, a xornalista e Miguel Ángel Cajigal Vera, un coruñés que ten conseguido enganchar a milleiros de persoas á cultura baixo o seu coñecido pseudónimo:“El Barroquista”. 

Os encargados de preparar e levar a cabo este programa de radio en directo nesta xornada foron : Adrián, Claudia e Sofía voluntarios da biblioteca de 6º e Martina, voluntaria de biblioteca de 5º.Foi unha experiencia fantástica e inesquecible.

Practicando o programa na Radio escolar


A mañá comenzou con moitos nervios máis con moitas gañas de participar nesta xornada. A xornada foi así :

  • Laboratorio de radio. Obradoiro a cargo de Sergio Pascual.


Compartimos este obradoiro cos compañeiros do CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira.No obradoiro tivemos que organizarnos por equipos e preparar unha entrevista a un escritor/a.Tivemos que ordear as súas ideas, pensar a preguntas, pensar un guión e traballar en equipo.Logo cada equipo saíu a realizar a súa entrevista.

  • Locutores de RNE e a COPE entrevistaron a varios dos alumnos para coñecer as súas opinión sobre a radio e esta xornada.
  • E chegou o monento tan esperado...a realización do programa de radio con entrevistas. Así que adiante, co noso programa de entrevistas en directo, que nervios pero que emoción ...unha experiencia fantástica.
  • Para finalizar xantamos todos xuntos e regresamos ao cole.Foi unha fermosa experiencia a que vivimos hoxe alumnado e mestras.
Grazas a Asesoría de Bibliotecas Escolares por contar con nós para esta xornada.


Sofía , Adrián, Martina e Claudia con Román Rodríguez ;Conselleiro de Educación , Ciencia ,Universidades e FP da Xunta de Galicia.















Comentarios

Entradas populares