Ir al contenido principal
3 de decembro, Día Internacional Das Persoas con Discapacidade.
O alumnado de 6º participou nunha actividade para promover a empatía, o respecto e a inclusión a través dunha experiencia vivencial baseada no traballo que realiza Discamino @discaminovigo.
A actividade consistiu no uso de handbikes de montaña para achegarlos ao concepto de accesibilidade no deporte e na vida cotidiá.O curso pasado o alumnado tivo a oportunidade de coñecer o traballo que leva a cabo esta asociación.
Unha xornada de participación onde puidemos constatar que a diversidade só nos enriquece coma persoas e a importancia de integrarnos na sociedade na que vivimos. Grazas a Javier Pitillas e o seu equipo por compartir con nós esta xornada e o concello de Mos.


O alumnado de 6º de primaria tamén participou na actividade educativa, creativa e de sensibilización, baixo o título “Construíndo xuntos a inclusión”, a iniciativa estaba organizada por EVD Galicia en colaboración coa Concellería de Educación, co obxectivo de promover valores como o respecto, a empatía, a convivencia e a igualdade de oportunidades.
O alumnado participou na creación dunha obra artística colectiva realizada sobre unha malla metálica de dez metros. A actividade consistía en tecer cintas de cores formando patróns xeométricos e engadir mensaxes positivas relacionadas coa inclusión, a diversidade e o respecto na creación dunha obra artística colectiva realizada sobre unha malla metálica de dez metros.
A proposta buscaba reforzar a convivencia interxeracional, dar visibilidade ás diferentes realidades da discapacidade e romper estereotipos a través da participación e do contacto directo.
Comentarios
Publicar un comentario