Visita ao centro de maiores “O son do Regueiro”: unha ponte entre xeracións.
O alumnado 6º de Primaria participou nunha actividade interxeracional coas persoas usuarias do Centro de Día O Son do Regueiro, no marco da conmemoración do Día Internacional das Persoas Maiores participando na celebracion do magosto, grazas ao Concello de Mos.Na visita estivemos acompañados polo alumnado de 5º de primaria do Ceip de Atín-Cela.
Un proxecto educativo e humano que promove o respecto, a empatía e o aprendizaxe compartido entre maiores e pequenos, poñendo en valor a experiencia vital dos nosos maiores e reforzando a cohesión social da nosa comunidade .
Agradecer o centro @centrodedia_osondoregueiro por acollernos sempre con tanto agarimo e o Concello de Mos @concellodemos por ofertar estas actividades ao alumnado, foi unha xornada moi especial para nós e moi enriquecedora para o noso alumnado.Grazas😊.








Comentarios
Publicar un comentario