Benvidos ao novo curso 2025/26

 

BIBLIOTECA ESCOLAR + DESEÑO = VIAXE Á CREATIVIDADE


Ola a tod@s. Xa estamos de volta, o equipo de biblioteca  está a traballar para ter a Biblioteca lista para comezar !!!
Dende a biblioteca esperamos que disfrutedes da lectura e das actividades que levaremos a cabo durante todo o curso:lecturas,animacións,obradoiros,concursos...coa colaboración dos nosos voluntarios de biblioteca.


O cartel que Desescribir nos ofrece para este curso é unha porta aberta a esa creatividade a partir da raíz: o alfabeto e as infinitas posibilidades que permite a partir dunha sinxela pauta. Sumémoslle deseño ás bibliotecas escolares e enrolémonos nesta viaxe á creatividade! 


Un curso máis abrímoslle a porta á creatividade nas bibliotecas escolares, deste volta a través do deseño. O deseño que acompaña desde o inicio a comunicación escrita, que é orixe de tipografías, logotipos e páxinas, que consegue achegar a información da maneira máis impactante ou máis sutil. O deseño gráfico que atopamos desde a orixe dos tempos da escrita e que hoxe en día se espalla a través de aplicativos dixitais. Unha oportunidade para crear desde as bibliotecas do hoxe e do futuro, tecendo desde a nosa propia historia, coas referencias imprescidibles das editoriais Nós ou Castrelos, do Laboratorio de Formas e Ediciós do Castro… e de mestres do cartelismo como Xosé Vizoso. Propoñemos mirar os libros desde a súa orixe, coñecer o proceso da edición, da composición, da escolla de tipos, papeis, cubertas e encadernacións, da revisión da maqueta e da difusión… e coñecer as persoas que forman parte dese mundo da edición e do deseño gráfico. Deseño gráfico que tamén trascende do mundo do libro e está presente na publicidade, a prensa, as etiquetas, as marcas corporativas… e en tantos outros ámbitos da nosa vida cotiá.


 

Comentarios

Entradas populares