Ir al contenido principal
Visita da Galiña Azul de Coto Torrón.
Recibimos na biblioteca a visita da Galiña Azul de Coto Torrón, os voluntarios de 5º na biblioteca Claudia, Adrián, Noa e Carmen R. estiveron a preparar as lecturas para compartilas cos máis pequenos.Os alumnos de 5º acompañados da mestra Raquel ofreceron un pequeno concerto coas pezas que levan preparando este curso.
Foi unha mañá moi especial, grazas aos voluntarios da biblioteca polo traballo e a Raquel por preparar este concerto.Tamén a Galiña Azul pola súa visita, agardamos que gozaran deste día de convivencia.
Comentarios
Publicar un comentario