¨O avó de Zulaimar¨

Este ano, ao abeiro do plan proxecta “Nós tamén creamos” realizamos nos obradoiros unha curtametraxe de stop motion. Coa axuda do alumnado de infantil, que deseñou as personaxes, o alumnado de 4º, 5º e 6º deu vida ao conto “O avó de Zulaimar”. Foto a foto as personaxes foron cobrando vida no obradoiro de stop motion, mentres que no obradoiro de atrezzo se deseñaban escearios e elementos para a curta. Foi unha gran experiencia e agardamos que disfrutedes tanto da curta coma nós disfrutamos facéndoa.

E cheogou o día da estrea da curta ¨O avó de Zulaimar¨ cos verdadeiros protagonistas, o alumnado do noso centro : entradas, flocos de millo e curta.Que emociónnnnn!!!













Comentarios

Entradas populares