Ir al contenido principal
XORNADA DE XOGOS DE MESA EN FAMILIA...CON BRAZOLINDA
As familias contaron cun obradoiro de xogos educativos dentro do programa Lectura e familias da man de BRAZOLINDA.
Trátase de xogos que traballan aspectos como a agudeza visual, a psicomotricidade fina, o xogo cooperativo, o cálculo matemático, a iniciación na normativa dos xogos de mesa ou a concentración. Resultou ser unha actividade moi motivadora para o noso alumnado, fomentando ao mesmo tempo a aprendizaxe a través do xogo.
Dende a biblioteca xa contamos cunha seleccción destes xogos para que o noso alumnado poida seguir aprendendo a través dos xogos.
Foi unha tarde fantástica ,pasámolo xenial.Grazas a Brazolinda por este obradoiro e a tod@s familias que se animaron a participar e pasar unha tarde en familia.
Comentarios
Publicar un comentario