8 DE MARZO, DÍA DA MULLER.
![]() |
DÍA DA MULLER 2025 |
O equipo de biblioteca no recuncho de lectura coa axuda dos voluntarios realizou unha exposición temática para que as aulas- puideran investigar e visitar na hora de ler.
Con motivo da celebración do Día da Muller 2025, levaremos a cabo unha actividade ao longo do presente mes de marzo, xa que pola proximidade do Entroido non houbo tempo material para desenvolvela nestes días. Esta consistirá en realizar unha pequena investigación sobre as mulleres pandereteiras que serán homenaxeadas no Día das Letras Galegas 2025. Farase a modo de pequeno mural en tamaño A3 poñendo os datos máis importantes así como algunha imaxe da muller investigada.Os traballos foron expostos no vestíbulo para que o alumnado puidera visitar a exposición.
O reparto por aula é o seguinte:
- Os curso de Educación Infantil levaron a cabo unha investigación sobre os instrumentos tradicionais empregados polas pandereteiras así como as diferencias entre eles ( pandeiro, pandeireta)
- 1º curso : Adolfina Casás
- 2º curso :Rosa Casás
- 3º curso :Eva Castiñeiras
- 4º curso :Manuela Lema
- 5º curso :Prudencia Garrido
- 6º curso:Asunción Garrido
Comentarios
Publicar un comentario