FALAMOS DE LIBROS - CLUB DE LECTURA

 



O mércores 29 de xaneiro reuniuse o club de lectura de 6º para comentar a novela gráfica ¨¡ SONRIE !¨ de Raina Telgemeier . Comezamos facendo unha valoración persoal da lectura, a novela gustou moito pola temática que trata. Despois falamos máis concreto sobre as personaxes , o que máis nos gustará, as situación que aparecen, aportacións que fixo a nosa vida e a para rematar a charla  coa nosa opinón ...


Para completar a sesión e coa axuda da profe Doa subimos á aula de polos para realizar un deseño na impresora 3D, como non podía ser doutra maneira unha cara sonrinte.


Aproveitamos esta xuntanza para coñecernos un pouco mellor e pasar un rato agradable, e nada mellor que compartir xuntos o xantar no cole.

















Próxima lectura ¨A folla azul¨ de Andrea Maceiras








Comentarios

Entradas populares