24 de febreiro, DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

 


  • O equipo de biblioteca e o equipo de Dinamización da Lingua Galega preparou unha exposición temática para poder traballar o Día de Rosalía e recopilou recursos diversos para coñecer a vida e obra da escritora ROSALÍA DE CASTRO.

  • Micros abertos especial Rosalía de Castro.
Hoxe comezamos coas emisións en directo de Micros abertos a nosa radio, Radio Petela, serviu para que o noso alumnado acudise a recitar poemas para lembrar a poetisa Rosalía de Castro,as técnicas de radio foron  Ruth e Zaira, alumnas de 6º EP.







  • O alumnado de 4º realizou uns debuxos para conmemorar o Día de Rosalía de Castro e quixeron ensinar o seu traballo nunha exposición aos compañeiros.Parabéns rapaces, moi chulos.



  • As nosas coplas seguen vivas especial Rosalía de Castro.As aulas compuxeron coplas seguindo a cantiga...

  • Concertos para o alumnado de infantil e e primaria adicado a nosa poetisa galega :¨Cantamos a Rosalía ¨.Os voluntarios da biblioteca de 5º e 6º foron os encargados de presentar o acto.O concerto de primario estivo presentado por Candela e Zaira,Voluntarias do equipo de biblioteca de 6° e o concerto de infantil por Iria e Nosa, voluntarias do equipo de biblioteca de 5º.





  • Videoclip creado polo alumnado de 4º de primaria :"Maio longo", con letra de Rosalía de Castro e música de Uxía co que participaron no certame de poemas musicados Canta Rosalía! Ademais realizaron unhas ilustracións da escritora que compartiron na corcheira da entrada da biblioteca.


Comentarios

Entradas populares