O mércores 22 de xaneiro reuniuse o club de lectura de 5º para comentar o libro ¨Escarlatina, a cociñeira defunta¨ de Ledicia Costas. Comezamos a reunión vendo un vídeo de presentación do libro.Despois falamos sobre o libro:as personaxes , o que máis nos gustará, as recetas que algún xa fixera e que estaban boísimas, a nosa opinón ...
Despois baixamos a cociña do centro para levar a cabo un obradoiro de cociña,todos xuntos elaboramos unhas napolitanas de chocolate que estaban riquísimas !!!
Aproveitamos esta xuntanza para coñecernos un pouco mellor e pasar un rato agradable, e nada mellor que compartir xuntos o xantar no cole. Tamén tivemos unhas reposteiras fantásticas, Claudia e Carmen R. elaboraron dúas receitas para compartir nesta sesión, tarta de queixo e rollo de crema.
Nesta sesión tamén entregamos a próxima lectura que será ¨Nata y chocolate¨ de Alicia Borrás.
Comentarios
Publicar un comentario