ENTREGA DE MOCHILAS VIAXEIRAS
Xa están preparadas as Mochilas Viaxeiras para viaxar un ano máis os fogares do noso alumnado.Os encargados da biblioteca de 5º , Claudia e Adrián foron os encargados de realizar na entrega na biblioteca e nas aulas de primaria.
Viaxarán as casas dende o mes de decembro ata mediados de xuño que regresen a biblioteca.O titor fará entrega cada semana da mochila a un alumn@. No caderno das mochilas anotaran as cousas que máis lle gusten,tamén poder facer debuxos dos libros e diversos comentarios.Con todos os cadernos viaxeiros faremos unha exposición antes de rematar o curso.
As mochilas viaxeiras son un vínculo entre o alumnado , as familas e a biblioteca e proporciona a oportunidade de facer lecturas compartidas e conversas sobre os libros.Agardamos que pasedes un tempo de lecer en familia disfrutando do seu variado contido.
Comentarios
Publicar un comentario