CONMEMORAMOS O 25 N
![]() |
EXPOSICIÓN TEMÁTICA 25 N |
O equipo de Biblioteca e o Equipo de convivencia do centro propuxeron ás aulas as seguintes propostas para traballar o 25N.
- Con motivo do 25 de novembro todo o alumnado do centro preparou unhas mensaxes para ler no acto que tivo lugar na entrada da biblioteca.Seguidamnete o alumnado de 6º leu un manifesto para lembrar esta conmemoración.
Vídeo do acto-25 N➽CONMEMORACIÓN 25 N
- Para conmemorar o Día contra a violencia de xénero, este curso o alumnado de 5º de Primaria realizou este vídeo de "Abre as xanelas", unha canción gravada o curso pasado polo alumnado que estaba en 5º e 6º de Primaria, con letra de Lupe Ces e música de Raquel Domínguez. Con este vídeo, dende o CEIP Petelos queremos concienciar a todo o mundo da necesidade urxente e do dereito a ter unha infancia e unha vida en igualdade e libre de violencias.
Canción conmemorativa➽Canción : Abre as xanelas
Comentarios
Publicar un comentario