AS PARALIMPÍADAS DE 1º



O alumnado de 2º fixo unha exposición para o alumnado de 1º. A temática exposta foi sobre as paralimpíadas. A exposición baseouse nunha liña do tempo onde se plasmaron os datos máis destacados de dita celebración olímpica. Trátase dunha actividade enmarcada no proxecto de aula sobre as paralimpíadas e á súa vez dunha actividade da biblioteca. Finalmente o alumnado de 1º e 2º xogou ao memory sobre deportes paralímpicos organizados en diferentes grupos de xogo. A liña do tempo realizada polos nenos/as de 2º quedou en exposición na corcheira da biblioteca. Que ben o fixeron, parabéns!!!

Como produto final prepararon  un programa de radio : As paralimpíadas , que escoitamos a través da nosa radio, Radio Petela.



programas radio-2º de Angie

Comentarios

Entradas populares