11F: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 


11F: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia foi proclamado no 2015 pola ONU para recoñecer o rol que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e na tecnoloxía. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa das mulleres e as nenas na ciencia ademais de lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.

A iniciativa 11 de Febreiro promove a realización de actividades para visibilizar o traballo das mulleres que se adican ás áreas STEAM, creando así referentes femininos que poidan contribuir á elección destas áreas como carreiras profesionais.

Para conmemorar esta data, ao longo deste mes temos varias actividades:
  • Exposición temática de lecturas.
  • Programa STEAM  para o alumnado de 6º primaria do 8 de febreiro ao 7 de marzo.Os nosos mentores do programa Antón e Bibiana.

O día 8 de marzo comezamos co programa STEAM os nosos mentores para desenvolver o programa foron Antón e Bibiana.Así que arrancamos...

Durante 6 sesións, unha cada xoves, traballamos : estereotipos, profesións STEAM, mulleres STEAM e retos STEAM .Foi fantástico, grazas a Antón e Bibliana por ser os nosos mentores e pola experiencia!!!









Comentarios

Entradas populares