MES DOS LIBROS-APADRIÑAMENTO LECTOR

 


 

23 de abril ,celebramos o DÍA DO LIBRO a actividade de lectura compartida.Os voluntarios da BE, Nerea-Jesús e Aroa, presentaron a acto dende RadioPetela. Ilusión, emoción por visitar as aulas dos pequenos e saír a compartir un conto da man dos maiores.

Os alumnos leron ao compañeiro asignado un libro durante o apadriñamento, a duración do tempo de lectura foi de vinte minutos aproximadamente.As aulas, opcional, prepararon un marcapáxinas de lembranza  para entregar no apadriñamento.

Os/As titores/as baixaron cos seus grupos despois do recreo ao patio.Os especialistas axudaron no apadriñamento ás aulas que o precisaron.
Despois do recreo baixamos ao patio cando sonou a canción do día do libro, "O libro máxico" de Migallas. Empezamos a baixar ata as pistas e nos colocamos no patio nos espazos habilitados para cada aula. A continuación os voluntarios da biblioteca presentaron o acto e empezou o apadriñamento lector.

Cando volveu soar a canción do día do libro ,"O libro máxico" de Migallas.  , acompañamos aos nosos afillados aás aulas e subimos ás aulas ordeadamente.

Foi un día moi especial compartindo lecturas cos compañeiros.


Comentarios

Entradas populares