23 DE ABRIL, ACTIVIDADES DO DÍA DO LIBRO


 

FAMILIAS LECTORAS 

Durante o mes de abril, as familias levaron a cabo uns contacontos moi especiais.
Continuamos coa participación das FAMILIAS na sección de biblioteca FAMILIAS LECTORAS. A proposta consiste na lectura dun conto ao alumnado de infantil para implicar as familias no proceso do fomento da lectura e a participación na escola .
 
Moitas grazas as familias que se animaron a participar nesta iniciativa. Grazas por adicarnos o voso tempo e poder compartir un intre de lectura con nós.









OS PROFES TAMÉN LEMOS

No mes do libros os profes levamos a cabo  na hora de ler a actividade ¨Os profes tamén lemos¨ lendo ao alumnado doutras aulas diferentes contos.





OBRADOIROS CREATIVOS

Grazas á participación no programa Biblioteca Creativa o noso alumnado gozou de dous obradoiros creativos.
  • Recibimos na nosa biblioteca a Carlos Gallego para impartir un obradoiro de collage de ao alumnado de 4º de primaria.
O obradoiro comezou presentando a técnica de collage ao alumnado.Seguidamente realizaron unha serie de animais con diferentes materiais e finalmente crearon a escena.
Grazas a Carlos e por amosarnos esta técnica artística , aprendemos moito e pasámolo xenial.


O alumnado de 1º, 2º e 3º, asistiu a un obradoiro de xogos educativos da man de BRAZOLINDA. Trátase de xogos que traballan aspectos como a agudeza visual, a psicomotricidade fina, o xogo cooperativo, o cálculo matemático, a iniciación na normativa dos xogos de mesa ou a concentración. Resultou ser unha actividade moi motivadora para o noso alumnado, fomentando ao mesmo tempo a aprendizaxe a través do xogo.
Dende a biblioteca xa contamos cunha seleccción destes xogos para que o noso alumnado poida seguir aprendendo a través dos xogos.






OBRADOIRO DE MARCAPÁXINAS 

Os voluntarios da biblioteca de sexto realizaron un obradoiro de marcapáxinas co alumnado de 3º de primaria na hora do recreo no mes de abril .Quedaron moi chulos, grazas voluntarios.


Comentarios

Entradas populares