Ir al contenido principal
FALAMOS DE LIBROS - CLUB DE LECTURA
O mércores día 21 de febreiro reuniuse o club de lectura de 5º e 6º para comentar o libro ¨Bruxa e familia¨ de Paula Carballeira.Comezamos a reunión facendo unha pequeña presentación do libro elexido mediante un vídeo.Despois falamos sobre o libro: as personaxes, as historias que vive a protagonista con cada personaxe, como estaba estructurado o libro , para rematar expresando o que máis nos gustara e a nosa opinión persoal.Aproveitamos esta xuntanza para crear unhas nubes de palabras co programa WordArt.com e realizar un obradoiro de chapas cos personaxes do libro co axuda da profe Leticia.
Aproveitamos esta xuntanza , como nas anteriores reunións para coñecernos e pasar un rato agradable, e nada mellor que compartir xuntos o xantar no cole.
Comentarios
Publicar un comentario