Ir al contenido principal
ENTROIDO OLIMPICO 2024
E chegou o día do ENTROIDO... O tempo non nos acompañou e non puidemos facer o pasarrúas pola nosa contorna así que realizamos un desfile dentro do patio cuberto, posamos para facer a foto de grupo e bailamos a canción ¨Amigos para sempre¨ coa coreografía que estiveramos ensaiando coa profe de educación física ,leticia.
Os nosos disfraces elaborados seguindo o nosos proxecto anual de centro ¨As olimpíadas¨ foron: os fachos de infantil, tiro con arco, xinmastas, tenistas, xinmasía artística e esgrima.
A ANPA do centro agasallou ao alumnado cun chocolate para merendar e as familias prepararon uns doces típicos desta data:filloas, orellas, buñuelos... Despois do desfile as familias compartiron con nós a merenda. Grazas ás familias pola colaboración !!!
Comentarios
Publicar un comentario