23 de Febreiro, DÍA DE ROSALÍA.
Conmemoramos o Día de Rosalía con diversas actividades feitas nas aulas e na biblioteca para coñecer a nosa grande escritora Rosalía de Castro.
- O equipo de biblioteca e o equipo de Dinamización da Lingua Galega preparou unha exposición temática para poder traballar o Día de Rosalía e recopilou recursos diversos para coñecer a vida e obra da escritora ROSALÍA DE CASTRO.
- Día de Rosalía de Castro. A nosa radio, Radio Petela, estivo moi animada esta semana coa actividade de Micros Abertos especial Rosalía. O noso alumnado acudiu a recitar poemas e cantar cancións para lembrar a poetisa Rosalía de Castro,os técnicos de radio foron o alumnado de sexto.
- As aulas traballaron a propposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro.
O alumnado leu na clase uns versos da autora e elaboraron un debuxo inspirándose neles.
B)Segundo e Terceiro ciclo de Educación Primaria.O alumnado leu o poema “Adiós ríos, adiós fontes”, que é a despedida dun home que ten que deixar o lugar onde naceu para procurar traballo lonxe.Rosalía quixo, a través de poemas coma ese, que se falase de problemas que afectaba a moitas galegas e moitos galegos sen poder e sen diñeiro.Despois cada aula debuxou unha estrofa e entre tod@s compuxemos o poema.
O alumnado quixo acompañar esta celebración coa flores preferidas da nosa autora, os pensamentos, así que levaron a cabo unha pequena plantación coa axuda do mestre Marcial.
- Hoxe, 23 de febreiro , xuntámonos na biblioteca para celebrar o Día de Rosalía de Castro cun recital poético. O noso alumnado recitou e cantou versos de Rosalía, Juan e Laura foron os encargados da presentación .
Grazas a Raquel, a nosa mestra de música, por preparar este recital e a tod@s por participar e acompañarnos a conmemorar o Día de Rosalía.
Comentarios
Publicar un comentario