CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2024

 

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2024

Calendario do Libro e da lectura de Galicia 2024, coas datas, efemérides e conmemoracións máis destacadas en torno aos libros e á lectura para o ano 2024.

A Xunta incorpora este ano ao Calendario do Libro e da Lectura de Galicia o Día da biblioteca móbil e unha data de homenaxe a Gonzalo Torrente Ballester. Así o explica o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, tras o lanzamento do almanaque, obra da ilustradora Paula Mayor.

O novo calendario conmemora os 25 anos do pasamento do escritor Gonzalo Torrente Ballester (27 de xaneiro) para “dar relevancia a esta figura destacada da cultura en Galicia”, salienta Anxo M. Lorenzo. Así mesmo, inclúese outra nova conmemoración, en concreto o Día da biblioteca móbil (28 xaneiro) tras o éxito de A furgoteca, “o novo servizo posto en marcha pola Xunta no rural galego en 2023 e que percorre as provincias de Lugo e Ourense para achegar a cultura a todos os seus recunchos”, engade.

Arquivo en PDF➽Calendario do Libros e da Lectura




Comentarios

Entradas populares