3 DE DECEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE


“O certo é, que nalgún momento da nosa vida, tivemos algunha discapacidade, ás veces de maneira temporal ou algo máis permanente. Desde unha torcedura, un problema de costas ou un problema de visión, toda condición que limite as nosas capacidades supón unha discapacidade. Isto axuda a entender como é a vida, a diario, para quen o sofren de forma permanente”.


  • Visita a DISCAMINO.
Un día especial, o alumnado de 5º e 6º de primaria realizou unha visita á Fundación Discamino en Vigo poñéndose no lugar das persoas con discapacidade e observando a importancia de axudarlles no seu día a día. Gracias a Discamino e a Javier Pitillas, por ensinarnos e compartir esta vivencia con nós.

  • O alumnado de 3º e 4º de primaria visitou Centro EVD.
O día 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, por iso, EVD Galicia en colaboración co Concello de Mos, únense co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os ámbitos da vida.

Os obxectivos da actividade  eran :

  • Favorecer a inclusión-participación de tod@s participantes na actividade.
  • Derribar barreiras, prexuizos...Sensibilizar ós máis xóvenes sobre todo as persoas con discapacida .
  • Ser capaces de gozar mediante o desenvolvemento dunha actividade.
  • Coñecer EVD Galicia, organización que apoia a persoas con discapacidade intelectual, que átopase no Concello de Mos.
  •  Compartir un momento lúdico entre todos
As actividades realizadas polo alumnado foron:
  • Visita guiada polo centro EVG Galicia -Mos.
  • Obradoiro ecolóxico

Agradecer ao Concello de Mos  a proposta desta actividade tan enriquecedora para o noso alumnado.

Comentarios

Entradas populares