PROGRAMA LECTURA E FAMILIAS

 

Comezamos a proposta de Lecturas e Familias co obradoiro ¨Vive a biblio en familia¨no obradoiro realizaron exercicios de lectura en voz alta ao tempo que aprenderon a contar historias,impartido por Damián Alonso.

Continuamos cun Obradoiro de tear tradicional. Neste obradoiro aprendemos a técnica de tecido tradicional en tear e creamos distintas pezas. Aprendemos e gozamos en familia. Impartido por Hypatia


Tamén impartido Hypatia contamos cun obradoiro de Lettering para as familias. Neste obradoiro coñecemos o arte de debuxar letras lindas e as distintas técnicas. Aprendemos e gozamos en familia.


E finalizamos gozando dos contos con Charo Pita, que visitou a biblioteca co obradoiro ¨Abrazar coas palabras¨,contacontos en familia centrado nas historias e xogos que gardamos na memoria. Deliciosa tarde gozando dos contos.Grazas Charo,un placer contar contigo.



Queremos agradecer ás familias a participación nas distintas propostas do programa Familias e lectura que iniciamos este curso.Compartimos en familia contos, obradoiros, charlas ...creando Comunidade Educativa.

GRAZAS a tod@s e seguiremos o próximo curso. Boas vacación a tod@s.

Comentarios

Entradas populares