LECTURA E FAMILIAS CON CHARO PITA

 


Día: Mércores, 7 de xuño.

Lugar: Biblioteca.

Horario: 16:30 horas

Destinatarios: familias con alumnado en infantil, 1º ciclo e 2º ciclo de primaria.


O mércores día 7 de xuño contaremos coa presenza da escritora, narradora oral, actriz e contacontos CHARO PITA co obradoiro : ABRAZAR COAS PALABRAS.

Neste obradoiro deseñaremos un ámbito de lecer e entendemento centrado nas historias e xogos que gardamos na memoria, na imaxinación e nos libros, a través do cal explorar e estreitar as relacións familiares e estimular unha experiencia conxunta comunicativa e lúdica para abrazarse non só co corpo, senón tamén coas palabras. 

As familias interesadas deberán enviar un email ao correo, bibliopetelos@gmail.com, indicando o voso nome e o curso do voso fillo/filla.


Animádevos!!!Non vola perdades!!!

Comentarios

Entradas populares