FALAMOS DE LIBROS - CLUB DE LECTURA 5º





Rematamos este curso a nosa andaina no club de lectura de 5º coa xuntanza o día 31 de maio para comentar o  libro de ¨Nata e chocolate¨ de Alicia Borrás Sanjurjo da editorial Anaya. 


Comezamos a xuntanza falando sobre o libro: relación do título coa historia, a trama, quenes eran as personaxes, a temática, o final, o que máis nos gustará e a nosa opinión persoal.
Saíron temas moi interesantes na conversa : defensa da diferencia, respeto polos demais, amor polo libros, papel dos mestres, adopción, abuso, compañerismo...
O libro gustounos moitísimo e estamos desexando ler a segunda parte :¨Nata y chocolate invenibles¨, algúns xa temos o préstamo para o verán.


Para finalizar esta xuntaza creamos coa máquina de chapas unha chapas sobre o libro que levaremos de agasallo. Laura, Nerea e Uxía prepararon unha recomendación deste libro para escoitar en RadioPetela na sección de recomendacións lectoras.


Con este libro descubrimos que hai xente que é  albina , que son persoas igual de sensibles que nós e que hai que tratar ben a tod@s porque elas son iguais por dentro aínda que diferentes por fóra. Ser diferente no aspecto é o menos importante.
Aproveitamos esta xuntanza para coñecernos un pouco mellor e pasar un rato agradable, e nada mellor que compartir xuntos o xantar no cole.








Comentarios

Entradas populares