DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 


O equipo de biblioteca contribuiu cunha exposición de libros relacionados coa temática. Este curso o noso proxecto de centro foi ¨COIDEMOS O NOSO PLANETA¨. Aproveitando esta conmemoración presentaremos ao longo do mes de xuño  as diferentes propostas realizadas durante o curso nas distintas titorías.

Petela co medio ambiente, foi unha proposta ás aulas de xestión do refugallo no centro , proposta dentro do proxecto anual ¨Coidemos o noso planeta¨.

Os obxectivos propostos son:
  • Reducir o número de papeleiras do centro e polo tanto o de bolsas.
  • Responsabilizar ao alumnado do tratamento do refugallo.
  • Facer autónomo e responsabilizar ao alumnado do seu refugallo.

As aulas prepararon distintos traballos coa reciclaxe: xoguetes, maquetas, instrumentos musicais... e realizaron unhas exposicións nos corredores do centro.





Comentarios

Entradas populares