CLUB DE LECTURA 2022-23




Este curso contamos con catro grupos no CLUB DE LECTURA BIBLIOPETELA.O nome do noso club de lectura é BiblioPetela, en relación á biblioteca como lugar onde levamos a cabo as sesións do club de lectura e a nosa mascota Petela.O Club de Lectura BiblioPetela contou con catro grupos, un grupo formado polo alumnado de 6º de 11 participantes, outro grupo composto polo alumnado de 5º de 11 participantes, no segundo trimestre comezou a funcionar un grupo de alumnado de 4º con 12 participantes e no terceiro trimestre formouse o club de lectura de adultos composto este curso por 14 integrantes, as reunións tiveron lugar na biblioteca e fixouse o mércores pola tarde como día de xuntanza. Despois de cada xuntanza compartimos os nosos faladoiros con café e doces!!!

Este curso participamos por segundo ano consecutivo na convocatoria anual de Clubs de Lectura da Consellería e permitiunos mercar novas coleccións.

Na primeira reunión faíselles entrega dunha carpeta,un caderno para as súas anotacións, o calendario de reunións e un marcapáxinas.

Os encontros do club de lectura leváronse a cabo na biblioteca seguindo o calendario establecido.A primeira xuntanza foi unha sesión de benvida para expoñer os motivos do club, as normas, a presentación dos participantes e a entrega de material.As seguintes xuntanzas dos clubs de 5º e 6º leváronse a cabo os mércores pola tarde, aproveitaremos para quedar a comer no centro e crear tamén lazos de amizade, mentres que as reunións do club de lectura de 4º tiveron lugar durante a hora do recreo e a hora de lectura na biblioteca unha vez ao trimestre.

A valoración é moi positiva, xa que o alumnado participou activamente na realización das propostas realizadas acadando os obxectivos establecidos na proposta inicial.O club de adultos valorou moi positivamente esta iniciativa, enriquecedora e cun ambiente moi agradable en torno aos libros.

Nas XV xornadas dos clubs de lectura 2023 realizadas en Santiago de Compostela participamos xunto co CEIP Nosa Sra. De Xuvencos (Boborás) nunha mesa de experiencias sobre os audivisuais nos Clubs de lectura.

https://twitter.com/PetelaBiblio/status/1665821848875958274







Comentarios

Entradas populares