VISITA DE EVA MEJUTO AOS CLUBS DE LECTURA de 5º /6º




O martes día 30 de maio o alumnado participante nos clubs de lectura de 5º e 6º recibiu a escritora EVA MEJUTO autora de NEKO libro que leron nos clubs da editorial Santillana.

Neko é un canciño rescatado dun contedor do lixo por Xoana que se converte no seu mellor amigo e no seu confidente. Con el fala dos seus sentimentos e vivencias de violencia. E é que Xoana, xunto coa súa nai, é vítima da violencia de xénero. A nena chega ao xulgado e, tras o encontro e conversación coa xuíza, liberarase do peso que lle supón gardar como un segredo as experiencias traumáticas que vive. Nai e filla poderán comezar unha nova vida feliz.

A xornada comezou cunha entrevista en Radio Petela a cargo dunha representación do alumnado dos clubs de lectura de 5º e 6º, Eva contestou amablemente a todas as preguntas que tiñan preparadas.Daniel e Nerea foron os técnicos de radio para esta entrevista.Despois na biblioteca ,tiveron a oportunidade de  poder ter unha charla con Eva onde puideron falar sobre o libro de lectura e preguntarlle as dúbidas, aclaracións... que tiñan. Eva respondeulle a todas elas e contoulle moitas cousas sobre o libro: a importancia de tratar temas como a violencia de xénero e visivilizar unha realidade existente na sociedade, que Neko era como se chamaba o seu can , que a historia estaba inspirada en vivencias reais ... 

Foi unha xornada fantástica e o alumnado estaba moi ilusionado por ter coñecido a Eva.Quixemos agradecerlle a súa visita facéndolle un agasallo.

Grazas Eva , por compartir esta xornada con nós.






Comentarios

Entradas populares