PROXECTOS NAS AULAS DE INFANTIL


O alumnado de  Educación Infantil traballou por proxectos cun enfoque metodolóxico globalizado e integrador baseado no tratamento da información de xeito conxunto: os compañeiros e compañeiras ,a escola e a familia. Seguiron diferentes fases cada unha igual de importante e necesaria, para a fase de indagación e investigación contaron coa importante axuda das familias, que en forma de libros e contos, proporcionaron información. Ademais tamén acudiron á biblioteca do centro para seguir completando a información e ampliando coñecementos.

Os diferentes elementos dun proxecto permitiron desenvolver unha indagación ou investigación axudando aos nenos e nenas a comprender e interpretar a realidade, ademais de contribuír a que participen no seu propio proceso de aprendizaxe e teña en conta as e os iguais como facilitadoras e facilitadores da aprendizaxe.

Dende a biblioteca do centro preparáronse unhas caixas viaxeiras con material para investigar os proxectos levados a cabo polas aulas.Os proxectos traballados foron:Os proxectos traballados foron:as abellas,os pingüíns ,a auga e as árbores que respiramos.

O alumnado de infantil coa abelliña Lola e a mesa de luz traballaron conceptos, conmemoracións,matemáticas, día de Rosalía, Letras Galegas... ao mesmo tempo que progresaron na orientación viso-espacial e no uso da robótica.





Comentarios

Entradas populares