INVESTIGAMOS EN ...1º


 SALVANDO O PLANETA

Ao longo deste curso o alumnado de primeiro estivo a  traballar sobre a reciclaxe e os animais mariños dentro do proxecto do centro sobre o coidado do noso planeta. 
O primeiro que fixeron foi investigar sobre que recolectores había na nosa contorna e que tiñan que botar en cada recolector. Traballaron con revistas de supermercados clasificando os alimentos no seu recolector correspondente. Pintamos etiquetas para clasificar as papeleiras da aula e comezar coa reciclaxe.



Finalmente a actividade extrapolouse a nivel centro no 2º trimestre, de maneira que en cada corredor creáronse 4 recolectores relacionados co novo cubo da compostaxe que se instalou no centro. As papeleiras do patio transformáronse en maceteiros con mensaxes do 8M coincidindo coa celebración. 






Algúns alumnos/as de 1º gravaron un programa de radio en colaboración co instituto para contarlles este proceso. Relacionado coa reciclaxe e o coidado do medio ambiente estudamos os animais mariños e as medidas que podíamos levar a cabo para protexelos. Fixemos unha actividade de investigación sobre as características duns animais concretos, plasmando a información recollida nunha tablet de debuxo. 



Finalmente elaboramos uns carteis informativos sobre que debemos facer para coidar o medio ambiente que colocamos en diferentes zonas do centro e do exterior para que tamén puidese ser visto fora do centro escolar. 






Comentarios

Entradas populares