FESTA DOS MAIOS 2023

 


Chegando o mes de Maio no noso centro celebramos a FESTA DOS MAIOS 🌸🌷🌹.

Cada aula creou as súas coplas nas titorías que ensaiaron  xunto co baile coa mestra de música Raquel. O mércores 11 de maio saimos ao patio a cantar as nosas coplas arredor do maio acompañados pola mestra de música Raquel ao acordeón: aulas, familas e mestres. 

O alumnado do centro aportou os materiais e elaborou  a parte asignada pala confecionar o maio: :Infantil e 1º nivel realizaron as cadeas de flores, 2º nivel a cadea de ovos, 3º-4º nivel as cadeas de laranxas e limóns e 5º e 6ºnivel  a estructura do maio realizado con fiuncho.

Este curso por fin puidemos volver celebrar o Maio todos xuntos.

Aquí vos deixamos as nosas Coplas para que as disfrutedes.

Enlace visionar: MAIOS 2023MAIOS -Infantil, 1º e 2º

Enlace visionar: MAIOS 2023MAIOS  3º, 4º, 5º e 6º

Enlace visionar :MAIOS 2023MAIOS MESTRAS E FAMILIAS

As familias realizaron un programa especial en Radio Petela sobre esta celebración.Posteriormente realizaron unha conexión especial para facer a entrega de premios do concurso.

Aproveitamos para dar as grazas ás familias pola súa participación. GRAZAS!!!




Enlaces aos programas de Radio Petela /familias, especial MAIOS

Especial entrega de premios/familias-Maios

Comentarios

Entradas populares