FALAMOS DE LIBROS ....CLUB DE LECTURA DE 6º


 

Rematamos a nosa andaina no club de lectura de 6º , o mércores 24 de maio xuntámonos para falar  de ¨A folla azul¨ de Andrea Maceiras  da editorial Xerais. 


A Amazonia é un mundo verde e único. Tamén é o fogar de moitas tribos indíxenas que viviron alí desde o inicio dos tempos. Algunhas delas manteñen relación coa civilización, mentres que outras decidiron permanecer voluntariamente ocultas no corazón da selva. A miña tribo é unha delas. Eu son Husu Aké, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde. E esta é a miña historia.

Comezamos a xuntanza falando sobre o libro: relación do título coa historia, a trama, quenes eran as personaxes, a temática, o final, o que máis nos gustará e a nosa opinión persoal.
Saíron temas moi interesantes na conversa :natureza, coidado do medio ambiente,ecoloxía,problemas medioambientais...


O libro gustounos moito xa que trata un tema no que temos que tomar conciencia para coidar o noso planeta.

Para finalizar fixemos grupos para realizar un booktrailer do libro de lectura. Valeria, Jimena, Ana e Aroa presentaron aos compañeiros o seu booktrailer.







Aproveitamos esta xuntanza para coñecernos un pouco mellor e pasar un rato agradable, e nada mellor que compartir xuntos o xantar no cole.






Comentarios

Entradas populares