COELLIÑO BRANCO ...polos voluntarios de 5º da BE


Os voluntarios de 5º na BE animáronse a preparar un conto para despois poder representalo aos máis pequeños. O obra que elexiron foi  ¨O COELLIÑO BRANCO¨ de Xose Ballesteros editado por Kalandraka.
Os voluntarios comezaron lendo o conto para repartir os personaxes que ía escoller cada un. Despois empezaron  a planificar o traballo:vestiario,escenografía, material ...

Os mércores  quedáronse a comer parar realizar os ensaios. Despois de todos os ensaios... decidiron que era o monento de representarla.
Os primeiros que puideron gozar coa súa representación foron os alumnos, mestras e familias da Galiña Azul de Cototorrón que hoxe visitaron o noso cole, xa que algunhos comezaran  o próximo curso  en  infantil. 

Os voluntarios quixeron preparar uns agasallos para os nen@s  que nos visitaron, nos recreos coa máquina de chapas fixeron unha chapa coa mascota da biblioteca e un carnet de lector.

A verdade é que o fixeron xenial, da gusto contar cuns  axudantes tan dispostos a facer sempre cousas ... e cunhas ideas xeniais.

Parabéns  axudantes!!!








Juan, Alberto, Laura, Uxía, Nerea, Candela e Aroa



Comentarios

Entradas populares