VISITA DE MARÍA CANOSA Á BIBLIOTECA




O alumnado de segundo recibiu a escritora  MARÍA CANOSA , autora do seu libro de lectura LOBO RAMÓN que estiveron traballando durante este curso.Juan e Alberto, voluntarios da biblioteca foron os encargados de presentar á autora aos compañeiros de segundo.

O encontro tivo lugar na biblioteca do noso centro educativo e resultou moi enriquecedor e motivador para os noso alumnos/as.Para a ocasión levaron a cabo unha serie de traballos sobre o libro :pancartas de benvida, debuxos, resumos... que lle foron entregados a autora a modo de agasallo.A autora conversou co alumnado sobre o libro, as súas personaxes e a motivación que a levou a ecribir a historia. Finalmente asinoulles un por un o libro engadindo unha adicatoria, o que lles fixo unha gran ilusión a tod@s.Tamén asinou no libro de visitas da biblioteca.
Grazas María pola túa visita.


Comentarios

Entradas populares